PROXECTO: ILUMINACIÓN PASEO MARÍTIMO: SETEFOGAS- A TORRE_ FASE III: FINANCIAMENTO A TRAVÉS DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) POS+ 2024. ANUALIDADE 2024. OBRAS E SUBMINISTRACIÓNS ( OPCIONAL). Expediente: 2024000005423
O Concello de Rianxo resultou beneficiario da axuda concedida pola Deputación da Coruña, (POS+OBRASSUM/2024) Plan de Obras e Servizos (Plan único de concellos) POS+ 2024. Anualidade 2024. Obras e subministracións (Opcional) por importe de 39.999,99 € para a execución do proxecto: Iluminación paseo marítimo: Setefogas -A Torre - Fase III.
A actuación no paseo peonil do Paseo Marítimo contempla a desmontaxe das luminarias actuais así como as súas columnas para instalar outras novas columnas metálicas de aceiro galvanizado en quente e unha altura de 5 metros para soportar unhas luminarias ornamentais equipadas con tecnoloxía LED.