A Asociación de Empresarios de Rianxo vén de lanzar o portal de comercio e venda en liña mercarianxo.gal , coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo.
A plataforma incluirá a calquera comercio con sede fiscal no municipio de Rianxo que o solicite. As persoas clientes que visitan o portal poden mercar nas distintas tendas e solicitar o envío ao propio domicilio ou ben a recollida na tenda.
Esta iniciativa nace como unha das medidas adoptadas pola crise sanitaria provocada pola COVID-19 e pretende impulsar e apoiar o pequeno comercio local, favorecendo o seu acceso á venda online e creando un gran mercado virtual de establecementos rianxeiros que lle permita ampliar os seus potenciais clientes.