Actualidade

- Charla informativa sobre a creación dunha Comunidade Enerxética Local desde os edificios municipais do pavillón, piscina e vivendas dos mestres. - Concello de Rianxo

Actualidade

Charla informativa sobre a creación dunha Comunidade Enerxética Local desde os edificios municipais do pavillón, piscina e vivendas dos mestres.

O Concello de Rianxo pretende crear unha Comunidade Enerxética Local desde os edificios municipais do pavillón, piscina e vivendas dos mestres.

As comunidades enerxéticas son proxectos colectivos en que o Concello, xunto a persoas físicas e outras entidades se asocian para xestionar a propia enerxía.

Teñen como obxectivo fomentar a xeración renovable permitindo a participación directa das persoas no mercado eléctrico. Esta figura das comunidades enerxéticas é unha proposta da Unión Europea, que activa subvencións a través dos Fondos de Recuperación Transformación e Resiliencia para dar un forte impulso para a transición enerxética, sendo o autoconsumo e a participación colectiva un dos seus sinais de identidade.

Para avaliar o interese na creación dunha Comunidade Enerxética Local en Rianxo, así como a súa viabilidade técnica, xunto ao Concello que disporía dunha importante superficie de xeración que se instalaría nos tellados de edificios públicos, programouse para o martes 28 de marzo ás 19 h. no Auditorio Municipal unha charla informativa aberta a todos os veciños e veciñas.

Tras este encontro tomarase a decisión de conformar unha comunidade que ten os seus propios órganos asemblearios de toma de decisión e de busca do camiño a seguir.