O sábado 15 de xuño de 2019 constituíuse o Pleno da Corporación 2019-2023 cos concelleiros e coas concelleiras que resultaron elixidas nas eleccións municipais do 26 de maio.
Adolfo Muíños Sánchez foi o único candidato que os partidos con representación presentaron á investidura e foi investido alcalde cos votos a favor do PSOE e do BNG.