O Concello de Rianxo recibiu unha subvención de 52.988,32 € ao abeiro da convocatoria PR486D da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, destinada á realización de obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas municipais.
A axuda permitirá executar o proxecto «Actuacións a realizar para reducir o consumo enerxético no edificio de oficinas da asistencia social de Rianxo», que inclúe melloras na envolvente térmica do edificio e a instalación dun sistema de climatización mediante aerotermia.
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027 e ten como obxectivo reducir o consumo enerxético e mellorar a eficiencia das instalacións municipais.