O próximo sábado 10 de agosto, a Asociación de Solleiros do Ulla organiza a V Festa da Solla do Ulla na Praza da Veliña de Leiro.
Ás 14.00 horas dará comezo a festa cun pregón seguido do xantar. Haberá racións de solla cocida e frita.
É preciso reservar no seguinte teléfono 679 960 079.
Conta coa colaboración do Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho a Veliña.