Actualidade

- Visita didáctica ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz do alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño - Concello de Rianxo

Actualidade

Visita didáctica ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz do alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño

O pasado día 4 de xullo o alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, acompañado de membros do equipo docente e de apoio, realizaron unha visita didáctica ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

Entre as actividades previstas respecto ao Certificado de Profesionalidade AGAO0208 “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”, que se está impartindo nestes momentos a 15 persoas do concello de Rianxo, están as visitas a espazos axardinados nos que se poidan apreciar persoalmente os contidos desenvolvidos nas materias estudadas.

A celebración do Festival Internacional de Xardíns de Allariz na súa XIII edición ofrece a oportunidade de coñecer, nunha soa xornada, unha colección de creacións que son mostra das tendencias conceptuais, ademais da utilización de novos recursos técnicos e de diversos materiais tanto inertes como vexetais.