Actualidade

Actualidade - Concello de Rianxo

Actualidade

Festas no Araño, do venres 2 ao 4 agosto. Máis información no Facebook da asociación.

Programación das Festas do Carme de Rianxo, do 12 ao 15 de xullo. Incluirán, ademais da procesión por mar, o Mercado Celta e o festival de rúa RianClown.

Zona da Zanfona é un evento único na Península Ibérica, un festival temático sobre o instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo cumpre 15 anos neste 2019. Acontece na primeira semana do mes de xullo co miolo da programación entre o venres 5 e o domingo día 7 cun programa para todos os...

O sábado 15 de xuño de 2019 constituíuse o Pleno da Corporación 2019-2023 cos concelleiros e coas concelleiras que resultaron elixidas nas eleccións municipais do 26 de maio. Adolfo Muíños Sánchez foi o único candidato que os partidos con representación presentaron á investidura e foi investido alcalde cos votos a favor do PSOE e do BNG.    

O sábado 29 de xuño, a partir das 9.00 da mañá, celébrase en Asados a tradicional romaría de San Pedro de Vilas, organizada pola asociación que leva o seu nome. Máis información na páxina de Facebook da entidade.

A Asociación Cultural A Carballeira de Baia do Araño recupera as Festas de San Xoán da Ermida, que se celebrarán o 20 e 21 de xuño en Buía. Páxina de Facebook da entidade

Celebración do Santísimo Sacramento coa tradicional confección das alfombras florais, procesión e verbena.

Festas da Vacariza en Isorna o 15 de xuño.

Festas de San Antón do Pazo, do venres 31 de maio ao domingo 2 de xuño.

Romería campestre en Asados organizada pola Asociación Festival Rock in Rian.

A xunta de portavoces do Concello de Rianxo decretou tres días de loito oficial en recordo das dúas persoas asasinadas nos atentados de Sri Lanka, veciñas de Rianxo e Pontecesures. Ás 12:00 h, representantes da corporación e a veciñanza gardaron un minuto de silencio en repulsa do acto terrorista e en memoria das persoas que nel faleceron.

O 25 de abril no Cuartel Vello en Rianxo, ás 20.30 horas realizarase un acto para conmemorar a Revolución dos Caraveis de Portugal.

Festa do Bandullo Cheo no Araño o 1 de maio, organizada pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia. Máis información na páxina de Facebook das Festas do Araño

Programación Semana Santa 2019 organizada pola Irmandade da Paixón de Cristo do Concello de Rianxo.

O concello de Rianxo está a elaborar o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Este proceso estase a construír dende unha perspectiva participada, tendo en conta ás opinións e percepcións do persoal técnico de todas as áreas municipais, o persoal político, os axentes sociais e económicos, a comunidade educativa e as mulleres rianxeiras. O II Plan de Igualdade de...

Programa de actividades da campaña RIANXO EN NEGRO deste mes de novembro de 2018 Tríptico (PDF) Rianxo en Negro (Facebook) Rolda de prensa da presentación da campaña

O programa completo das Festas da Guadalupe, que se celebran en Rianxo do 7 ao 14 de setembro, está dispoñible na web das festas, http://guadaluperianxo.gal/ Festas da Guadalupe Programa completo

O Concello de Rianxo pon á disposición das entidades locais e da veciñanza unha guía coas instrucións e documentación necesaria para a organización de festas e verbenas populares consonte a nova  Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que entrou en vigor o 2 de xullo. As comisións de festas e endidades organizadoras deben presentar,...

Festas do verán de de Taragoña 2018.

XI edición do Festival Antrospinos en Taragoña, o 27 e 28 de xullo de 2018.  

Festas na honra á Virxe do Carme en Rianxo, do 13 ao 16 de xullo 2018.

O Concello de Rianxo chama a toda a veciñanza e colectivos municipais a unha concentración de repulsa á sentencia contra "la manada" ás 19.45 h de hoxe xoves 26 de abril diante da casa do concello. Se é machista, non é xustiza. Non é non, o demais é violación.

O Pleno do Concello de Rianxo acordou, por unanimidade, acollerse a unha subvención do IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía), un organismo adscrito ao Ministerio de Energía, Turismo e Agenda Digital, para renovar a iluminación exterior do municipio. É unha convocatoria de axudas a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a una economía baixa en...

O pleno da corporación de Rianxo aprobou, na súa última sesión de febreiro, o apoio á Folga que con motivo do Día Internacional da Muller se celebrará en todo o mundo. Nese senso, para dar cumprimento aos acordos da moción aprobada, o Concello de Rianxo fai un chamamento a secundar o paro convocado, en xeral a toda a veciñanza e, moi especialmente, ás mulleres traballadoras. Queda moito por...

O Concello de Rianxo participa na campaña RIANXO EN NEGRO, xunto a máis de cincuenta concellos galegos e as deputacións, unha acción que pretende incidir de xeito eficaz na sociedade para mostrar o rexeitamento cara a violencia contra as mulleres, e que terá como imaxe externa vestir de loito Rianxo, a través das casas, das institucións e dos establecementos comerciais. O principal obxectivo...

Rianxo celebrará a súa semana grande das festas do 8 ao 15 de setembro. A Asociación "A Moreniña", a través da Comisión de Festas, é a entidade organizadora das Festas da Guadalupe 2017, cuxa páxina  web ofrece toda a información sobre as actividades e eventos que terán lugar durante toda a semana de celebracións. guadaluperianxo.org

NOVA DATA: 15 de agosto.   A Concellaría de Deporte e Patrimonio Histórico organiza unha visita nocturna guiada aos petróglifos dos Mouchos, o martes 15 de agosto, ás 21.00 h. Despois da recente limpeza realizada nun dos monumentos máis importantes do noso continente, que foi supervisada por un arqueólogo para garantir que os traballos se fixeran de xeito adecuado e non danar a estación...

O Concello de Rianxo vén de adherirse á campaña #construíndodiversidade, promovida pola Deputación da Coruña, coa fin de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como dignificar a comunidade #LGTBQI construindodiversidade.gal

A Comisión de Juadalupeñas organiza un ano máis, coa colaboración do Concello de Rianxo, a Festa de Fin de Ano 2016, que coincide co día da patroa da parroquia de Santa Comba de Rianxo.

O Concello de Rianxo, adherido ao programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia, mantivo este mércores 23 de novembro unha xuntanza no Instituto galego de Vivenda e Solo cos técnicos para constituír a Comisión de Seguimento do programa. Existe moito interese por parte do Concello en poñer todas as ferramentas posíbeis para dotar de vivendas dignas de alugueiro e a prezos taxados. No...

En cumprimento dos requirimentos de xustificación, o Concello de Rianxo da publicidade á obra do plan marco MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS denominada EXECUCION AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN SESTELO- ISORNA. A obra está subvencionada pola Axencia galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Desenvolvemento Rural...

O Alcalde de Rianxo e os delegados da empresa NOSA e OÑIAL asinaron no salón de plenos do Concello de Rianxo o contrato de adxudicación de diferentes obras por importe de 276.995 euros. Un primeiro proxecto adxudicado á empresa NOSA contempla a pavimentación de varias rúas e viais no casco urbano de Rianxo entre os que están unha primeira actuación na Estrada de Tanxil, desde o Auditorio ao...

Hoxe comeza a funcionar en Rianxo a Escola Obradoiro Arcos Moldes con vinte alunos e alumnas de albanelería e xardinería. Durante seis meses traballarán nas áreas verdes do Concello e no edificio do Arquivo Municipal. Na foto alumnado, profesorado, tenente de Alcalde Adelina Ces e o Alcalde, Adolfo Muíños. Leva o nome de Arcos Moldes pola súa vinculación ao desenvolvemento social e económico...

Do 15 ao 17 de xullo celébranse en Rianxo as Festas na honra á virxe do Carme, organizadas pola comisión de festas "Virxe do carme".  

O Concello de Rianxo colabora na II acampada solidaria polas persoas refuxiadas que terá lugar na Praza Castelao a partir das 18 h  do 17 de xuño, coa participación de varios colectivos do municipio e persoas que colaboran desinteresadamente. O sábado ás 13 h terá lugar a lectura do manifesto.

Programa de actos do primeiro de maio en Rianxo.

O vindeiro xoves, 7 de abril, revivirase a historia do achado do Casco de Leiro por José María Vicente. A cita é no Auditorio Municipal a partir das 20 h. A mesa redonda estará composta por: José Mª Vicente Descubridor do Casco   Manuel Gago Doutor en xornalismo   Bea Comendador Doutora e Profesora da Universidade de Vigo   Roberto Pena Puentes Xefe do Servizo de...

O Concello de Rianxo, a través da súa sede electrónica, pon en marcha o Portal de Transparencia. En cumprimento da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o Concello de Rianxo pon en marcha na súa Sede Electrónica o Portal de Transparencia, que favorece o acceso á información pública, consolidando así os dereitos dos cidadáns ao dotalos dun...

A Federación de Empresarios do Barbanza organiza, en colaboración co Concello de Rianxo e a Asociación de Empresarios de Rianxo, as xornadas do Dolmen de Ouro 2015 no Auditorio de Rianxo os días 13, 14 e 15 de outubro.

O 1 e 2 de agosto celebrarase en Rianxo a VI Festa do mexillón, con actividades culturais e gastronómicas durante a fin de semana.

O 1 de maio celebrarase unha nova edición da Pasarela Castelo da Lúa no Pavillón Polideportivo de Rianxo.

O Concello de Rianxo aprobou nun pleno extraordinario este venres 16 de maio  o proxecto de saneamento da Laxe-Outeiro en Taragoña a incluír no plan DTC 93 da Deputación da Coruña. Contou coa aprobación unánime da corporación e conta cun orzamento de 156.000 euros. Este proxecto previsibelmente se acometerá, logo da súa remisión á Deputación, ao longo deste mesmo ano. Conta con...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 51 - 93 de 93 resultados.