A miña avoa

A miña avoa - Concello de Rianxo

A MIÑA AVOA

"A Miña Avoa" é un concurso organizado polo Concello de Rianxo no que participarán máis de 100 establecementos.

Nun pedazo de xornal vello, un señor fala da súa avoa, unha celebridade da vila. Nesa entrevista, o señor afirma que é moi probable que a súa avoa escondese unha serie de agasallos por todo o concello, como facía cos seus agasallos de aniversarios cando era tan só un neno. Despois das pistas que dá o señor para localizar eses tesouros, termina a entrevista con esta frase: Foi unha gran avoa, unha gran persoa e sobre todo, unha gran arqueóloga.

Grazas a esta entrevista, os habitantes do lugar poderán localizar nos establecementos participantes as follas do xornal onde aparecerán distintas pistas para a localización dos tesouros.

O seu obxectivo principal é o fomento da economía no sector da restauración e do comercio local. Unha resposta que se intensifica dunha maneira directa a través dos cheques regalo pero, sobre todo, mediante a repercusión mediática alcanzada por unha campaña tan novidosa, orixinal e diferente. Unha segunda finalidade é a de potenciar o lecer e a cultura no municipio, poder ofertar un abanico de actividades culturais fai que a cidadanía teña unha vía de escape nestes tempos tan complicados. E por último, o obxectivo máis persoal, é o de fomentar o traballo en equipo dentro do círculo familiar.

O concurso arrincará o día 28 de maio. Moita sorte a todas e a todos!