Anuncios

- Abastecemento e saneamento na Laxe en Taragoña e traballos de reposición - Concello de Rianxo

Anuncios

Abastecemento e saneamento na Laxe en Taragoña e traballos de reposición

Informamos da actuación realizada pola Brigada de Obras do Concello que permitiu coa colaboración veciñal levar auga a máis de 35 vivendas da contorna da Laxe en Taragoña, a engadir a catro vivendas conectadas tamén á rede de saneamento municipal.

Isto tamén permitirá o subministro de auga ao campo municipal de Fútbol da Laxe, onde se realizaron tamén actuacións de canalización duns pluviais que afectaban a varias fincas de veciños que se asulagaban.

A demanda crecente de auga no Campo de Fútbol, onde xogan tanto o Clube Araño como o Clube Taragoña facían obrigada esta conexión que contou cunha axuda da Deputación Provincial. Agradecemos desde o Concello á Comunidade de Augas do Outeiro por teren colaborado nestes anos co subministro ao campo. A achega do Concello, ademais da man de obra superou os 20.000 euros.

Nestes intres están a realizar os traballos de reposición e limpeza que se prolongarán mentres as condicións metereolóxicas non melloren.