O Concello de Rianxo vén de adherirse o programa PEL Reactiva, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña. Contará cun orzamento de 161.791 €, dividido do seguinte xeito:
Deputación da Coruña: 129.433,49 € Concello de Rianxo: 32.358,37 € Total: 161.791,86 €
As persoas destinatarias finais das axudas son as traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:
Grupo I: Que se viran afectadas polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
Grupo II: Que non se viran afectadas polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixidos para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.
As contías serán fixas, e poden ir desde os 1.500 ata os 3.000 €.
Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña os gastos seguintes que foran realizados entre marzo de 2020 (incluído) ata o 31 de decembro de 2020:
Compra de material
Material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza. Arrendamentos e canons
Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións. Gasto directo:
Reparación e conservación
Adaptación de locais ás medidas de protección fronte ao COVID-19 (pantallas de protección, etc). Gasto directo.
Primas seguros
Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo.
Subministracións
Auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directo.
O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable.
Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 €.
Para a presentación de solicitude por medios electrónicos, é necesario dispoñer dos certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica.
Nas vindeiras semanas publicarase a documentación definitiva necesaria para proceder á presentación e os prazos correspondentes.