O Pleno do Concello de Rianxo, en sesión ordinaria do día 26 de maio de 2022, aprobou definitivamente o Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo, confeccionado pola empresa SEAGA, ao abeiro do convenio ao que este concello está adherido, subscrito pola colaboración entre a Xunta de Galicia, FEGAMP e SEAGA, en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.