O Concello de Rianxo convoca as axudas do Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña (PEL-Reactiva), coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír a paliar os danos derivados da pandemia da COVID-19 ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas.
O orzamento é de 161.791,86 €, dos que corresponden nun 80% á Deputación da Coruña (129.433,49 €) e nun 20% ao Concello de Rianxo (32.358,37 €).
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes deberanse presentar na Sede electrónica do Concello de Rianxo a partir do día seguinte da publicación das bases reguladoras específicas da convocatoria do Concello de Rianxo no Boletín Oficial da Provincia (BOP).