Convocamos para o día de mañá, venres 26 de xullo, cinco minutos de silencio ás 12 do mediodía fronte a Casa do Concello, na Praza Castelao, en recordo dos falecidos e como mostra de dó de todos os concellos galegos e da Federación galega de municipios e provincias (FEGAMP). Pregamos a asistencia da veciñanza de Rianxo.