Anuncios

- Consulta pública cidadá sobre a ORDENANZA REGULADORA DAS VIVENDAS  DE CESIÓN TEMPORAL DE TITULARIDADE MUNICIPAL - Concello de Rianxo

Anuncios

Consulta pública cidadá sobre a ORDENANZA REGULADORA DAS VIVENDAS  DE CESIÓN TEMPORAL DE TITULARIDADE MUNICIPAL

Seguindo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, publícase o borrador ORDENANZA REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS DE CESIÓN TEMPORAL DE TITULARIDADE MUNICIPAL DO CONCELLO DE RIANXO, coa fin de polo á disposición da cidadanía para consulta pública co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración sobre ORDENANZA REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS DE CESIÓN TEMPORAL DE TITULARIDADE MUNICIPAL DO CONCELLO DE RIANXO solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións
sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 10 días a contar desde o día
seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en
calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas.