ANUNCIO
De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do BORRADOR DA ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL NO CONCELLO DE RIANXO, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa. b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación. c) Os obxectivos da norma. d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Borrador da Ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social no Concello de Rianxo