Os festivos locais do Concello de Rianxo durante o vindeiro 2024 serán o martes 16 de xullo (Día do Carme) e o venres 20 de setembro (último día das Festas da Guadalupe). Así o decidiu o Pleno da Corporación Municipal na sesión ordinaria correspondente ao mes de xullo.
A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles e tres fíxanos as Comunidades Autónomas.
Así, as festas do calendario laboral no 2024, incluídos os festivos locais de Rianxo, son: Aninovo, 1 de xaneiro; Epifanía do Señor (Día de Reis), 6 de xaneiro; Xoves Santo, 28 de marzo; Venres Santo, 29 de marzo; Festa do traballo, 1 de maio; Día das Letras Galegas, 17 de maio; Día do Carme, 16 de xullo; Día Nacional de Galicia, 25 de xullo; Asunción da Virxe, 15 de agosto; Venres de Guadalupe, 20 de setembro; Festa Nacional de España, 12 de outubro; Todos os Santos, 1 de novembro; Día da Constitución Española, 6 de decembro; e Natividade do Señor, 25 de decembro.