Anuncios

- Medidas da Fase II do desconfinamento - Concello de Rianxo

Anuncios

Medidas da Fase II do desconfinamento

O municipio de Rianxo pertence ás zonas que entran o luns 25 de maio na fase II do desconfinamento. Ábrese a mobilidade sen restricións horarias e para grupos máis amplos, e retómase a actividade comercial e cultural co aforo restrinxido. Sempre, mantendo as medidas de protección e as distancias coas persoas coas que non se convive, e evitando as aglomeracións.

Ábrense as praias para o baño, que no caso do Concello de Rianxo serán de acceso libre, coas restricións de distanciamento indicadas, e controlarase o aforo mediante inspeccións periódicas.