O luns 8 Rianxo entra na fase III do desconfinamento. Nesta fase increméntanse as capacidades permitidas nas actividades económicas, culturais e deportivas.
A Xunta de Galicia pedirá ao Goberno de España a mobilidade entre as catro provincias galegas. Mentres tanto, segue restrinxida.
Recorda que a máscara segue a ser obrigatoria cando non se poda respectar o distanciamento de 2 metros coas demais persoas.