Anuncios

- Medidas de contención da COVID-19 tras a entrada na "nova normalidade" - Concello de Rianxo

Anuncios

Medidas de contención da COVID-19 tras a entrada na "nova normalidade"

O luns 15 de xuño o territorio galego entra na chamada "nova normalidade", que pon fin ás restricións impostas polo estado de alarma decretado para frear a pandemia da COVID-19.

Actívase a mobilidade polas 4 provincias galegas. Mantense o uso obrigatorio da máscara cando non sexa posible manter unha distancia de máis de 1.5 metros e mantéñense todas as medidas de hixiene extraordinarias.

Por norma xeral, as capacidades dos negocios e das actividades limítanse a un 75% da capacidade total, e os grupos máximos de persoas limítase por norma xeral a 25, se ben cada tipo de actividade terá as súas normas específicas. En canto ao ámbito privado, non hai restricións no número de persoas que se poden xuntar.

Algunhas das medidas adíanse ata o 1 de xullo.