Información de interese para os/as contratistas e provedores/as do Concello de Rianxo
Modificación no procedemento de tramitación das facturas
No Pleno do 26/08/2020 aprobouse inicialmente a modificación das bases de execución do orzamento prorrogado en 2020 e entrou en vigor o 15/10/2020. Entre as ditas modificacións figura a introdución da base de execución 14ª ter que reflicte o procedemento da tramitación das facturas, cuxa novidade máis importante é a de esixir a presentación da autorización do gasto xunto coa factura. O documento Autorización de gasto acredita a existencia de crédito orzamentario para a contratación proposta e constitúe unha garantía para o/a provedor/a de que a prestación que realice ten consignación orzamentaria suficiente.
O contido da modificación que ten efectos cara aos/ás provedores/as pode consultarse nesta ligazón: