Anuncios

- Obradoiro de Emprego Pazo de Rianxiño - Concello de Rianxo

Anuncios

Obradoiro de Emprego Pazo de Rianxiño

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia ven de conceder unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO PAZO DE RIANXIÑO por importe de 377.990,25 euros. O obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. O alumnado recibirá formación no ámbito da INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES que se centrarán nos xardíns e arborado do Pazo de Rianxiño contribuíndo ao seu mantemento e mellora, á vez que aprenden un oficio con amplas perspectivas de emprego.

Os traballos previstos abranguerán a conservación das arbores con valor ornamental, o acondicionamento de zonas axardinadas, a accesibilidade as mesmas pensando nas futuras usuarias e usuarios do centro de día. Tamén se eliminarán as especies danadas e en xeral o mantemento da finca durante un ano. Introducirase aos alumnos e alumnas do obradoiro nas sementeiras, plantacións, cortas, sistemas de rega, tratamentos fitosanitarios, entre outros.

Prevese o seu inicio a comezos de novembro e en vindeiras datas sairán publicamente as diferentes convocatorias de selección do persoal de formación e de solicitudes do alumnado.

O anterior obradoiro realizado en Rianxo o ano pasado centrouse nos menores de 30 anos e levou por nome Carnero Valenzuela II de confección e publicación de páxinas web.