En cumprimento da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o Concello de Rianxo publica no seu portal de transparencia o Período medio de Pago (PMP) trimestral.
O Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo desenvolve a metodoloxía do cálculo do PMP a fornecedores das Administracións Públicas para que o fagan público nun exercicio de transparencia.