O Concello de Rianxo resolveu a concesión das axudas do Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña (PEL-Reactiva), coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír a paliar os danos derivados da pandemia da COVID-19 ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas.
Publícase esta resolución de concesión definitiva segundo o establecido na base 11ª das Bases da convocatoria e notificarase ás persoas interesadas.
As empresas beneficiarias da subvención deben colocar nos seus establecementos o cartel xustificativo da concesión da dita subvención segundo o modelo que se indica: