Recursos para o comercio - Concello de Rianxo
GALEG@ VENDE I e II
Materiais da Biblioteca Básica do comerciante, que se poden consultar na web do PORTAL DO COMERCIANTE e da REDIC (Rede de Dinamización Comercial) da Xunta de Galicia.
O volume I inclúe vocabulario xeral do comercio, expresións máis frecuentes, confusións semánticas e erros máis frecuentes.
No volume II pódese atopar información por sectores comerciais (alimentación, téxtil, calzado, ferraxaría, libraría, moblaría, óptica,...).
(pódense consultar premendo no texto "volume")
ENVOLTO PARA QUE VOLTE
Procedementos básicos de empaquetado e presentación de artigos.
(prema na imaxe para acceder ao manual)
BO DÍA (apuntamentos para unha boa atención á clientela)
O saúdo inicial é o primeiro contacto que tes coa clientela e é, polo tanto, unha clave fundamental para xerar boa impresión e unhas boas expectativas. Unha grata acollida é clave no proceso de venda. O saúdo é un xesto de cortesía e unha demostración de amabilidade e cordialidade, que ten especial importancia no comercio.
Esta é a fórmula axeitada:
SAÚDO + SORRISO + OFRECEMENTO DE AXUDA
(prema na imaxe para acceder ao manual)
SALTA Á VISTA (técnicas de escaparatismo)
Prema na ligazón para acceder ao manual.
Deixamos aquí dous exemplos de páxinas comerciais en galego de interese:
(accédese premendo na imaxe)