Aviso legal

Aviso legal - Concello de Rianxo

AVISO LEGAL

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, artigo 10, dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:

Que os dominios concelloderianxo.gal, rianxo.gal e omarfeitotradicion.gal  están rexistrados a nome do Concello de Rianxo

Concello de Rianxo
​​​​​​​P1503700J
​​​​​​​Praza Castelao, 1
​​​​​​​15920 Rianxo

O Concello de Rianxo facilita información de interese xeral nos tres portais indicados enriba con efectos unicamente informativos, sen que en ningún caso substitúan a publicidade legal aplicable polas leis en boletíns oficiais ou na sede electrónica.

Se ben o Concello de Rianxo procura que a información publicada no seu sitio web sexa exacta e precisa, non pode garantir a ausencia de erros ou a falta de actualización dos contidos.

Os contidos que o Concello de Rianxo publica con plena validez legal con arraxo ás normas aprobadas polas leis, son os boletíns oficiais correspondentes (BOP, DOG e BOE) e o Taboleiro Electrónico da Sede Electrónica do Concello de Rianxo (sede.concelloderianxo.gal), que é o taboleiro de anuncios oficial.

Asemade, a Sede Electrónica é o único lugar habilitado para a tramitación electrónica con plenas garantías xurídicas, polo que os tres sitios web de información municipal enriba indicados non permiten a tramitación de trámites administrativos, máis alá de ofrecer información sobre algúns deles: convocatorias, prazos...

 

Condicións de uso

Todos os contidos dos sitios web indicados enriba están licenzados segundo unha licenza Creative Commons 4.0 by-nc-sa, cuxos contidos se poden consultar no sitio web da organización: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.gl

Os usos non suxeitos á licenza anterior dos contidos, elementos e información destes sitios web, poderán dar lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan.

O Concello de Rianxo non se fai responsable dos danos e perdas que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

Tanto o acceso ao portal, como o uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.

O Concello de Rianxo non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos das ligazóns a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos da propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios, e á petición de calquera deles, a ligazón ou ligazóns retiraranse de modo inmediato.

 

​​​​​​​Política de protección de datos persoais

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web está suxeito ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril (GDPR) e a Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro (LOPDGDD). Os datos persoais que se poidan obter serán tratados baixo a responsabilidade do Concello de Rianxo por un interese lexítimo e para o envío de comunicacións sobre os nosos produtos e servizos, e conservaranse mentres ningunha das partes se opoña. Os datos non serán comunicados a terceiros, agás obriga legal.

Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose ao Concello de Rianxo, Praza Castelao, 1, 15920 Rianxo, correo electrónico dpd@concelloderianxo.gal, ou mediante o procedemento habilitado para o efecto da Sede Electrónica: sede.concelloderianxo.gal. Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación perante a autoridade de control en www.aepd.es. Datos de contacto do delegado de protección de datos: Ramón Santos Pérez, dpd@concelloderianxo.gal​​​​​​​

O Concello de Rianxo cancelará, borrará ou bloqueará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixen de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos.

 

Formularios

Algúns procedementos particulares poden requirir o cumprimento de formularios neste sitio web, con arranxo ás bases que regulen o procedemento concreto. En todos os casos, a información proporcionada polas persoas usuarias estará sometida á política de protección de datos persoais, e utilizaránse baixo as indicacións que se proporcionen en cada un dos formularios; en caso contrario, só se utilizarán coas fins implícitas do procedemento e para uso exclusivo deste.
 

Menores

As persoas menores de idade non poderán usar os servizos dispoñibles neste sitio web sen a previa autorización das súas persoas proxenitoras, titoras ou representantes legais, quen serán as únicas responsables de todos os actos.

 

Actualización

Esta Política de Privacidade poderase actualizar de forma periódica.