Publicado no BOP o martes 11 de xullo de 2017. Anuncio dispoñible na plataforma de contratos públicos de Galicia www.contratosdegalicia.gal . Máis información no correo-e contratacion@concelloderianxo.gal .
O concello de Rianxo, aprobou en Xunta de Goberno a incoación do expediente de Licitación de postos vacantes no Mercado Municipal de Abastos.
Os pregos de condicións están a disposición das persoas interesadas. Primarán na valoración de solicitudes aqueles negocios baseados en actividades non representadas aínda no Mercado Municipal ( produtos da horta, plantas ornamentais, artesanía, repostería...). Deste xeito preténdese dar unha oportunidade aos emprendedores rianxeiros para que inicien o seu negocio, contando co apoio total do Concello ( facilidade na tramitación de licenza, promoción, formación, asesoramento...).
PRESENTACIÓN DE OFERTAS OU DAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN a) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello ou calquera dos rexistros habilitados consonte a Lei 39/2015. b) Data límite de presentación de ofertas: 30 DÍAS HÁBILES dende o seguinte á publicación do anuncio de licitación no BOP, sen prexuízo da súa publicación no perfil do contratante. c) Presentarase a documentación segundo o establecido no PCAP.
Anuncio no BOP nº 130 do 11/07/2017
Pregos de condicións administrativas (PCAP)