A Lei 1/1993, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, o Decreto 153/98 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, e as Ordenanzas de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos, do Concello de Rianxo; establecen:
Ante as queixas dos transeúntes por incumprimento das anteriores normas, a policía local vai levar a cabo unha campaña de control destas normas, que inicialmente empezará polos cans perigosos e de mais tamaño.
A partir do día de hoxe e ata fin de mes, realizarán unha campaña informativa, advertíndolle os propietarios que incumpran as anteriores normas, das consecuencias da súa conduta, coa excepción dos propietarios de animais potencialmente perigosos, que teñen 48 horas para cumprir ó relativo á correa e buceiro.
A partir do día 1 de abril, tódolos propietarios de animais deben proceder a dar cumprimento das obrigas establecidas.
As sancións por estas infraccións poden chegar ata 3000 €.