O concello de Rianxo, xunto coa Deputación da Coruña van poñer en marcha unha experiencia que ten como finalidade promover a compostaxe caseira.
Máis da metade do lixo que xeramos é materia orgánica, residuos procedentes da limpeza de hortalizas e outros elementos da cociña, restos de comida, papel alimentario de envolver, e restos de plantas da casa ou do xardín.
Esta materia ascende aproximadamente a medio millón de toneladas anuais en Galicia (a razón de medio quilo por persoa e día). Trátase tamén da fracción do lixo máis limpa, libre en orixe de sustancias químicas tóxicas, e que pode ser reciclada enteiramente mediante procesos naturais. Mostrando que a acción persoal na xestión e tratamento do teu propio lixo é unha realidade posíbel. Sendo un proceso sinxelo e doado de realizar, que transforma un problema, o lixo, nun recurso, o compost, que é bo para todos/as.
Todas as persoas interesadas poderán solicitar un composteiro nas oficinas xerais do concello, os requisitos serán os seguintes:
O número de composteiros dispoñíbeis é de 50, e se se superasen as solicitudes habería un sorteo público entre os solicitantes. Unha vez asignados procederase á súa entrega, e farase un seguimento dos composteiros entregados.