No ano 1935, un grupo de amigos e admiradores do poeta de Rianxo Manuel Antonio proxectaban unha homenaxe popular, por subscrición pública, consistente na colocación dun monolito nas illas Malveiras. Hoxe retomamos a idea daquela frustrada homenaxe en lembranza de Manuel Antonio organizando unha viaxe literaria o vindeiro sábado 21 de marzo con saída en catamarán do porto ás 17.30 h., baixo as seguintes indicacións:
Con posterioridade, ás 20.30 h., teremos un recital de poesía no Auditorio de Rianxo no que participarán, entre outros/as: Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Marta Dacosta, F. R. Lavandeira, Alexandre Nerium, Manuel Rivas, Ana Romaní, Cesáreo Sánchez e Miro Villar.