Bandos Informativos

- Bando informativo sobre a contribución ao desenvolvemento da Rede Xiana 2 - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre a contribución ao desenvolvemento da Rede Xiana 2

O concello de Rianxo contribúe ao desenvolvemento do proxecto RedeXiana2, para o fomento do emprego na provincia.

A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Rianxo, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón e Rois.

A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

O Concello de Rianxo achega as súas instalacións municipais para a impartir as accións formativas de:

  • Prevención de riscos laborais
  • Xerente de empresa de economía social

As persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizada e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.

O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área de EMPREGO do Concello de Rianxo.

O prazo para inscribirse nas anteditas accións formativas estará aberto ata o día 03/05/2013, data na que terán que ter completa e presentada toda a documentación que corresponda.