Bandos Informativos

- Bando informativo sobre a exposición pública do Inventario de camiños municipal - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre a exposición pública do Inventario de camiños municipal

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO INVENTARIO DE CAMIÑOS MUNICIPAL

O Boletín Oficial da Provincia do 3 de xuño de 2016 no 105/2016 publicou o anuncio de Aprobación Inicial do inventario de camiños municipais do Concello de Rianxo, aprobado polo pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 28 de abril de 2016.

Este inventario expoñerase ao público durante un prazo de 30 días hábiles até o 9 de xullo, para o que se habilitará un espazo nos baixos do Cuartel Vello-Escolas da I República, en horario de 10 a 14 h, de luns a venres. Será atendido polo persoal do Servizo de Urbanismo para realizar as alegacións que se consideren oportunas para mellorar o documento.

Tamén se realizarán unha serie de charlas polas parroquias a cargo da empresa redactora PROCAT nos seguintes horarios e lugares:

  • Venres 10 de xuño Casa da República de Isorna 18 h
  • Venres 10 de xuño Centro Cultural de Leiro 20 h
  • Venres 17 de xuño Centro Cultural do Araño 18 h
  • Venres 17 de xuño Escolas Vellas de Asados 20 h
  • Xoves 23 de xuño Auditorio de Rianxo. 18.30 h
  • Martes 28 de xuño Centro Cultural de Taragoña 18.30 h

E estarán para atender tamén os da empresa PROCAT no Cuartel Vello o 10, 17, 23 de xuño e 1 de xullo entre as 10 e 14 h.