Por mor dunhas obras de reparación na Depuradora de Rianxo (EDAR), que contan cos permisos medioambientais oportunos, a empresa AQUAGEST concesionaria da EDAR vai iniciar durante doce días, a comezar desde o 15 de abril, traballos de baleirado dos depósitos.
Neste senso tamén indicar se informou destas obras á Confraría de Pescadores de Rianxo para o seu coñecemento.
Durante estes días por tanto vaise aumentar o verquido ao mar do contido da depuradora, entre outros traballos de retirada de lodos por terra, polo que poderán aumentar os malos cheiros e ocasionar outras molestias á veciñanza de Rianxo que esperamos sexan as menores posíbeis.
Agardamos se cumpra o plan de traballo e axiña volte á normalidade o funcionamento da depuradora. Mentres, solicitamos comprensión de toda a veciñanza por uns amaños absolutamente necesarios.