Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a todos os rianxeiros e rianxeiras a disfrutar da mesma, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza.
Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, elementos indispensables da festa, pero con certos riscos, establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento da mesma:
As persoas organizadoras da fogueira deberán contar cuns medios de extinción, mínimos pero suficientes, para o seu uso inmediato no caso de ser preciso.
Unha vez rematada a festa, as persoas que a organizan deberán deixar libre de calquera resto (cinzas, materiais de combustión, outros restos, etc.) a zona utilizada para o desenvolvemento da fogueira.
Cada fogueira deberá ter unha persoa responsable que deixará os seus datos indentificativos e de contacto, así como información sobre o lugar de desenvolvemento, actividades a realizar, etc. no servizo de información do concello.
Para casos de incendio ou outras emerxencias, contactarase coa Policía Local nos teléfonos: 981 86 06 25 ou 609 86 22 22
Apelo ao civismo de organizacións e participantes para garantir unha axeitada seguridade e garantir o disfrute da veciñanza.