Bandos Informativos

- Bando informativo sobre as fogueiras da noite de San Xoán - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre as fogueiras da noite de San Xoán

Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a todos os rianxeiros e rianxeiras a desfrutar dela, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza.

Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, (elementos indispensables da festa, pero con certos riscos), establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento desta:

  • Non se cortarán árbores vivas, nin das súas pólas, para facer as fogueiras.
  • Non se queimarán pneumáticos, aceites, líquidos inflamables, envases con gases, nin outros recipientes ou obxectos que poidan conducir á explosión do seu contido ou materiais.
  • As fogueiras situaranse afastadas de vexetación, masas forestais e/ou edificacións, e non poderán situarse en praias ou pavimentos e chans susceptibles de deterioro polo efecto da calor (pedra, superficies pintadas, etc.). No caso de asfalto e cemento só se poderán facer coa protección do chan mediante a colocación dunha chapa de ferro de 2 cm. mínimo de grosor ou con 10 cm. de area.
  • A organización responsable da fogueira deberá contar cuns medios de extinción, mínimos pero suficientes, para o seu uso inmediato no caso de ser preciso.
  • Unha vez rematada a festa, a organización deberá deixar libre de calquera resto (cinzas, materiais de combustión, outros restos, etc.) a zona utilizada para o desenvolvemento da fogueira.
  • Cada fogueira deberá ter unha persoa responsable que deixará os seus datos indentificativos e de contacto (así como información sobre o lugar de desenvolvemento, actividades que se han realizar, etc.) no servizo de información do concello ou chamando ao teléfono 981 860 075.
  • Para casos de incendio ou outras emerxencias que se produzan na noite da celebración, contactarase coa Policía Local nos teléfonos: 981 860 625 / 609 862 222.

Apelo ao civismo de organizacións e participantes para garantir unha axeitada seguridade e desfrute da veciñanza.