Diante da perigosa subida de casos de COVID 19 rexistrados nestes últimos días no noso Concello así como no resto da comarca Barbanza-Arousa Norte, faise un chamamento a manter tanto individual como colectivamente as normas vixentes antes de derivar en limitacións e sancións moito máis duras e restritivas. Varios locais comercais xa tomaron a decisión difícil, mais responsábel, de pechar os estabelecementos conscientes de que a saúde é a prioridade.
LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO Durante o período comprendido entre as 23:00 e as 6:00 horas, agás: 1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade. 2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios ou de atención veterinaria por motivos de urxencia. 3. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais e retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas nestes apartados. 4. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables. 5. Por outras causas de forza maior ou situacións de necesidade.
RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de seis persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación e actividades organizadas que terán as súas limitacións de aforo e normas de seguridade propias.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA, RESTAURACIÓN E OCIO NOCTURNO 1. No interior : 50% do aforo. Non está permitido o consumo na barra. Non estará permitida a instalación de barras para consumo ou servizo nelas a clientes da terraza. 2. Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 75 % das mesas. 3. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas. 4. Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.