Mediante Resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias de 1 de xuño de 2017, (DOGA do 23 de xuño de 2017) pola que se amplían as zonas demarcadas pola existencia da praga denominada Trioza erytreae Del Guercio (psílido africano dos cítricos) inclúese ao Concello de Rianxo e ás súas parroquias dentro das zonas afectadas pola praga.
Como consecuencia son medidas de obrigado cumprimento as previstas na Resolución de 1 de xullo de 2015 da da Dirección Xeral de Produción Agropecuario (DOGA do 20 de xullo de 2015):
a) Comunicar a presenza da praga aos servizos oficiais da provincia (Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña, 981182579 / 981184548) b) Realizar os tratamentos fitosanitarios determinados polos servizos técnicos oficiais. c) Na aplicación dos tratamentos terase en conta a fase do cultivo e a lexislación vixente. d) Aos viveiros situadas nas zonas demarcadas solicitaráselle censo de especies sensibles e de movementos de partidas. e) Prohíbese o traslado ou movemento de todas as especias sensibles nas zonas demarcadas. f) Nos puntos de distribución as instalación cumprirán o protocolo de hixiene previsto.
Os afectados polo organismo nocivo Psílido africano deberán prestar toda a colaboración que sexa necesaria para levar a cabo as actuacións que determine a Consellería do Medio Rural e do Mar.
Así o incumprimento das obrigas poderá ser considerada infracción grave, de acordo co artigo 55 da Lei 43/2002 do 20 de novembro de Sanidade Vexetal, e consecuentemente o infractor poderá ser obxecto dunha sanción de entre 3.001 e 120.00 euros, tal como establece o art. 58.1 da antedita lei.