No Diario Oficial de Galicia de data 28 de agosto de 2012, publícase o Decreto 174/2012, de 27 de agosto, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, que terá lugar o domingo día 21 de Outubro de 2012.
En cumprimento coa Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, establécese un servizo de consulta do CENSO ELECTORAL, nas oficinas municipais, en horario de 9 a 14 horas, ó obxecto de que calquera persoa poda presentar reclamación administrativa sobre os seus datos censuais
do 03 DE SETEMBRO ao 10 DE SETEMBRO
Aos efectos de consulta do Censo Electoral, o interesado deberá achegar D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir no que aparezca fotografía do titular.
As reclamacións que se presenten estarán asinadas, obrigatoriamente, polo propio interesado, que achegará ó impreso de reclamación fotocopia do documento que presente.
Todos os veciños/as e, especialmente os que cumpriron recentemente os 18 anos e os que cambiaron de enderezo nos últimos meses, deberán comproba-lo Censo Electoral.
Teléfono de consulta: 901-101-900.