Bandos Informativos

- Bando informativo sobre interferencias na recepción da TDT - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre interferencias na recepción da TDT

O despregue da nova rede de telefonía 4G pode afectar á recepción da TDT e producir interferencias nos aparellos de televisión e receptores.

Os domicilios afectados polas ditas interferencias poden solicitar, DE FORMA GRATUÍTA, a actuación técnica necesaria para evitalo, que consiste na instalación duns filtros na antena de televisión.

A entidade designada para esta xestión polas compañías operadoras de telecomunicacións é llega800, á que os veciños e veciñas afectadas vos podedes dirixir directamente para solicitar a actuación correctora.

O teléfono gratuíto de contacto habilitado é o 900 833 999.