Bandos Informativos

- Bando informativo sobre o control dos estorniños - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre o control dos estorniños

Por mor do aumento espectacular da poboación de estorniños na zona da Ribeira e as molestias que están a causar á veciñanza e mobiliario urbano, vimos de contratar desde o Concello unha empresa especializada no control destas pragas urbanas en municipios como A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Carballo, Caldas de Reis, Lalín, chamada LARUS CONTROL.

Esta empresa comezará axiña a traballar nesta mesma semana para expulsar aos estorniños, empregando, entre outros métodos alternos, sons de alarma fixos e móbiles, voos de rapaces, pirotecnia de baixa densidade, luces de alta intensidade, etc. Isto ás veces en horarios nocturnos, cando acostuman vir os paxaros durmir ás árbores da Ribeira, polo que poden xerar algunhas molestias que agardamos sexan en todo caso menores que as que nos causan os estorniños.

Pregamos durante o tempo que estean connosco os membros de LARUS CONTROL sexan comprensivos cunhas actuacións que buscan a erradicación dun problema veciñal que nos preocupa.