O Concello de Rianxo publicou hoxe o anuncio para a creación de dúas listas de contratación temporal para o persoal de limpeza de praias, unha para PEÓNS e unha para TRACTORISTAS.
As instancias para participar nestas listas poden recollerse no mostrador de información do Concello. Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación a ter en conta en cada caso.
O prazo para presentar as solicitudes no Rexistro xeral do Concello remata as 14:00 h do día 20 de xuño. No suposto de presentarse a instancia fóra do rexistro xeral do Concello, será necesario adiantala por fax ao núm. 981.866.628 ou 981.843.629, antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta.