Bandos Informativos

- Bando informativo sobre o persoal de limpeza de praias - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre o persoal de limpeza de praias

O Concello de Rianxo publicou hoxe o anuncio para a creación de dúas listas de
contratación temporal para o persoal de limpeza de praias, unha para PEÓNS e
unha para TRACTORISTAS.

As instancias para participar nestas listas poden recollerse no mostrador de
información do Concello. Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación a
ter en conta en cada caso.

O prazo para presentar as solicitudes no Rexistro xeral do Concello remata as
14:00 h do día 20 de xuño. No suposto de presentarse a instancia fóra do rexistro
xeral do Concello, será necesario adiantala por fax ao núm. 981.866.628 ou
981.843.629, antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta.