Bandos Informativos

- Bando Informativo sobre o programa Rianxo Termal - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando Informativo sobre o programa Rianxo Termal

Julián Bustelo Abuín, Alcalde do Concello de Rianxo, INFORMO:

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza o programa RIANXO TERMAL, consistente nunha xeira de catro saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio.

Datas:

As saídas, que se efectuarán en horario de tarde, serán nas seguintes datas:

  • 10 de outubro de 2024
  • 7 de novembro de 2024
  • 5 de decembro de 2024
  • 9 de xaneiro de 2025

Condicións:

  • O programa ten un custo de 80€ persoa, que inclúen a entrada ás termas os
  • catro días, así como o desprazamento en autobús dende Rianxo.
  • O programa está destinado a persoas maiores de 50 anos empadronadas no
  • Concello de Rianxo.

Inscricións:

O vindeiro día 2 de setembro abrimos o prazo de inscricións que se poden formalizar no Liceo Marítimo de Rianxo de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas ou a través dos seguintes teléfonos: 881 862 225 e 881 987 471.

Julián Bustelo Abuín
​​​​​​​Alcalde-Presidente do Concello de Rianxo