O Concello de Rianxo vai levar a cabo a contratación de oito persoas para o Servizo de vixilancia de praias, que consistirá na realización de tarefas de vixilancia (salvamento e socorrismo) e control medio ambiental (retirada de obxectos ou elementos que podan causar perigos ou danar o entorno) nas praias do Concello de Rianxo. Este programa contará cun equipo de oito persoas, composto por 1 Socorrista-coordenador e 7 Socorristas.
Este programa está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo dentro do programa operativo “adaptabilidade e emprego”(PO 2007 ES 05U PO 001).
As persoas interesadas en participar nos citados procesos selectivos deberán cumprir os requisitos establecidos na orde do 29 de febreiro de 2012 que establece as bases que regulan, para o exercicio 2012, as axudas axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais.