Bandos Informativos

- Bando informativo sobre o Xantar das Persoas Maiores 2024 - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre o Xantar das Persoas Maiores 2024

Julián Bustelo Abuín, Alcalde do Concello de Rianxo, INFORMO:

Ata o venres 13 de setembro estará aberto o prazo de inscrición no Xantar das Persoas Maiores 2024, unha xornada festiva e de confraternidade que como vén sendo habitual se celebrará o mércores das festas da Guadalupe, é dicir, o mércores 18 de setembro de 2024.

O evento terá lugar en Casa Pachín e terá un custo para as persoas asistentes de 20€. Un autobús recollerá ás persoas que queiran asistir en cada unha das parroquias.

As persoas interesadas en participar no Xantar das Persoas Maiores 2024 poden anotarse no Cuartel Vello no seguinte horario: de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Fíxase un máximo de 200 inscricións.

Julián Bustelo Abuín
Alcalde do Concello de Rianxo