Bandos Informativos

- Bando informativo sobre os tramos gratuítos do Canon da Auga - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre os tramos gratuítos do Canon da Auga

En xullo de 2012 entrou en vigor o chamado Canon da Auga que a Xunta de Galicia obriga a poñer ao cobro dentro dos recibos municipais. Considérase neste canon que por defecto cada vivenda ten 3 persoas, co que os 6 primeiros metros cúbicos de cada mes de consumo non se pagan (sí o resto).

NAQUELAS VIVENDAS ONDE O NÚMERO DE PERSOAS QUE VIVAN NA VIVENDA SEXA SUPERIOR A 3 PERSOAS, PODERÁN ACREDITAR DITA CIRCUNSTANCIA AOS EFECTOS DE ESTABLECER OS NOVOS TRAMOS A APLICAR

(Por exemplo, unha vivenda de 4 persoas terá un tramo social gratuíto de 8 m3/mes, nunha vivenda de 5 persoas o tramo social gratuíto será de 10 m3/mes e así sucesivamente).

A efectos de acreditar que hai un número maior de persoas por vivenda, o titular do contrato da auga pode presentar no Concello unha SOLICITUDE, debendo cumprir os seguintes requisitos:

  • O número de habitantes para a que se pretenda a modificación debe coincidir co número de persoas que están empadroadas en dita vivenda.
  • O titular do contrato de subministro de auga debe ser un dos habitantes da vivenda de acordo co padrón de habitantes.

Desde o concello darase traslado desa petición a Augas de Galicia.

Para máis información, poden dirixirse ás oficinas do Concello e tramitar desde o Portelo Único a demanda, ou ben facelo desde a propia Xunta por internet: