Bandos Informativos

- Bando Informativo sobre tributos do primeiro cuadrimestre de 2013 - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando Informativo sobre tributos do primeiro cuadrimestre de 2013

Durante o período comprendido entre o 15 de marzo  e o 20 de maio do exercicio 2013, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos:

  • Taxa por servicios de recollida de lixo, correspondente ó primeiro cuadrimestre do 2013
  • Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, exercicio 2013

Lugar de Ingreso: Oficinas Novagalicia Banco e resto de Entidades Colaboradoras.

Cargo de domiciliados: 4 de abril de 2013

Os documentos de ingreso das liquidacións non domiciliadas en contas de entidades financeiras enviaranse por correo ordinario aos domicilios dos contribuíntes. Este envío non ten carácter de notificación, polo que a non recepción non exime os contribuíntes da súa obriga de ingreso da débeda no prazo sinalado. Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá solicitalo nas oficinas de Recadación deste Concello.

Esgotado o prazo do período voluntario, os débitos non satisfeitos durante o mesmo quedarán incursos automáticamente, primeiro, no recargo executivo do cinco por cen, segundo, no recargo de apremio reducido do dez por cen e terceiro, no recargo ordinario do vinte por cen e xuros de demora, procedéndose ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento de acordo cos preceptos do mencionado Regulamento Xeral de Recadación.

Oficina do Servizo de Recadación: Praza Castelao nº 5-7 Edf. Colón 1º-E
Horario de atención 8.00 a 14.00h.
Teléfono 981.866661
recadacion@concelloderianxo.es