Bandos Informativos

- Bando sobre o cobramento en período voluntario das taxas de lixo e IVTM do primeiro cuadrimestre de 2018 - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando sobre o cobramento en período voluntario das taxas de lixo e IVTM do primeiro cuadrimestre de 2018

Durante o período comprendido entre o 15 de marzo e o 16 de maio do exercicio 2018, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos:

  • Taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ao primeiro cuadrimestre de 2018
  • Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, do exercicio 2018

Lugares de ingreso: oficinas de Abanca e resto de entidades colaboradoras.

Os cargos das domiciliacións realizaranse nas seguintes datas:

  • Imposto sobre vehículos de tracción mecánica 2018: 5 de abril 2018
  • Taxa da recollida de lixo, primeiro cuadrimestre 2018: 6 de abril de 2018

Os documentos de ingreso das liquidacións, non domiciliadas en contas de entidades financeiras, enviaranse por correo ordinario aos domicilios das persoas contribuíntes. Este envío non ten carácter de notificación, polo que a non recepción non exime ás contribuíntes da súa obriga de ingreso da débeda no prazo sinalado. Se alguén non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá solicitalo nas oficinas de Recadación deste concello.


Unha vez que se esgote o prazo do período voluntario, os débitos non satisfeitos quedarán incursos automaticamente: primeiro, no recargo executivo do cinco por cento; segundo, no recargo de prema reducida do dez por cento; e terceiro, no recargo ordinario do vinte por cento e xuros de demora. E procederase ao seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento, de acordo cos preceptos do mencionado Regulamento Xeral de Recadación.