Julián Bustelo Abuín, Alcalde do Concello de Rianxo, INFORMO:
O Concello de Rianxo vén de iniciar o procedemento para cubrir a vacante de xuíz/a de paz titular deste municipio, o cal se rexerá polas seguintes bases:
Requisitos das persoas candidatas: • Ser español/a. • Ser maior de idade. • Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade establecidas no artigo 303 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial.
Presentación de candidaturas: • As persoas interesadas en optar ao cargo presentarán as súas candidaturas no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo. • O prazo de presentación de candidaturas é de quince días hábiles a partir da publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Documentos que se achegarán á solicitude: • Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI. • Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria de non estar inculpado ou procesado, conforme á Lei 68/1980. • Certificado médico de non padecer doenza que incapacite para o exercicio do cargo. • Declaración xurada de non estar incurso en causas de incapacidade para exercer o cargo. • Xustificación dos méritos que se aleguen, de ser o caso.
Para máis información pode contactar co Concello de Rianxo a través do teléfono 981860075.