Bandos Informativos

- Cobramento en período voluntario de varios tributos - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Cobramento en período voluntario de varios tributos

Durante o período comprendido entre o 1 de setembro e o 2 de novembro do exercicio 2017, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos:

- Taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ó terceiro cuadrimestre de 2017
- Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica e características especiais
- Imposto sobre actividades económicas
- Taxa por entrada de vehículos a través das beiravías e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

Lugar de Ingreso: Abanca e resto de entidades colaboradoras.

Cargos de domiciliacións:

-Taxa por recollida do lixo no terceiro cuadrimestre de 2017; 2 de novembro de 2017
-Imposto sobre bens inmobles de urbana e características especiais 2017; 7 de setembro de 2017
-Imposto sobre bens inmobles de rústica 2017; 8 de setembro de 2017
-Imposto sobre Actividades Económicas 2017; 1 de setembro de 2017
-Taxa por entrada de vehículos a través de beiravías e taxa por carga e descarga de mercadorías; 12 de setembro de 2017.

Os documentos de ingreso das liquidacións non domiciliadas en contas de entidades financeiras enviaranse por correo ordinario aos domicilios das persoas contribuíntes. Este envío non ten carácter de notificación, polo que a non recepción non exime aos contribuíntes da súa obriga de ingreso da débeda no prazo sinalado. Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá solicitalo nas oficinas de Recadación deste concello.

Esgotado o prazo do período voluntario, os débitos non satisfeitos durante o mesmo quedarán incursos automaticamente, primeiro, no recargo executivo do cinco por cento, segundo, no recargo de prema reducido do dez por cento; e terceiro, no recargo ordinario do vinte por cento e xuros de demora, procedéndose ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento, de acordo cos preceptos do mencionado Regulamento Xeral de Recadación.